NOVO SISTEMA DE REGO 16/5/23
- CEIP N1 TUI
- 27 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 jul 2023
No obradoiro do segundo trimestre coa nosa asesora, deseñamos sistemas de rego sostible con materiais de refugallo pero os resultados non son os esperados pois os envases foron deteriorándose e non chegan a manter a terra con toda a humidade que precisa.
Alumnos e alumnas de 3º comezan a deseñar un rego máis estable que poda abastecer todas as mesas coa auga necesaria sen desperdiciala como ocurre coa mangueira para iso toman medidas e fan o deseño.

O rego proposto estará feito por tubo ríxido perforado para incrustar nel goteiros xa que ao ter que pasar de mesa a mesa e rematar na mesa central non podemos utilizar tubo exudante porque se perdería moita auga. Máis adiante queremos incluir o detector de humidade programado polos compañeiros de sexto neste sistema.
Comments