top of page
  • Foto del escritorCEIP N1 TUI

MALETA PEDAGÓXICA E OUTRAS ACTIVIDADES

Actividades desenvoltas na aula

Ademáis de todo o traballo exposto no blogue nas aulas desenvolvéronse diversas actividades de toma de conciencia medioambiental e aprendizaxe de aspectos concretos relacionados coa agricultura, a ecoloxía e a alimentación saudable. Algunhas destas actividades pertencían á maleta pedagóxica proporcionada polo plan proxecta de eco hortas escolares e outras estaban relacionadas con ámbitos de aprendizaxe ou programas diversos aos que se foi adherindo o cole. aquí podedes ver unha pequena mostra dalgúns deles.


Agricultura tradicional vs industrial

Actividade que se levou a cabo no mes de maio polos alumnos de 1º na que a través de diversos vídeos ofertados na maleta pedagóxica estudamos as accións respetuosas coa terra que caracterizaron sempre a agricultura tradicional e local e os métodos extensivos nos que se precisaba ao longo o uso de pesticidas que caracterizou o desenvolvemento da agricultura industrial así como as diferencias nos productos e no traballo dos labregos.

Invitamos a unha avoa da clase de 4º de primaria que veu a explicarnos o percorrido que ela mesma fai dende que planta un gran de millo de diversas variedades cada ano ata que transforma a súa colleita nun alimento tradicional como é o pan de millo. Proceso que realiza de xeito tradicional e respetuoso.


A pirámide Viaxeira

Con esta actividade os alumnos de primeiro traballamos a pirámide alimenticia e a relación da dieta saudable para o ser humano que é a mesma que a dieta saudable para o planeta. Tamén puidemos comprobar a través dunhas fotografía nas que observamos a compra semanal dunha familia en distintos lugares do planeta as diferencias de alimentación entre o norte e o sur do planeta. Analizamos cal desas dietas era a máis saudable para as persoas, para o planeta e cal delas implicaba maior contaminación. Debatimos e investigamos sobre a importancia do consumo local para diminuir a pegada ecolóxica e analizamos a orixe de moitos dos alimentos que inxerimos a diario e a pegada ecolóxica que supón o seu transporte.


Cambio climático

Os alumnos de 3º realizaron a unidade didáctica de cambio climático. Debateron e buscaron información relacionada coas consecuencias deste fenómeno na alimentación humana e na producción de alimentos e buscaron alternativas para aplicar na eco horta do cole que axudaran a minimizar a repercusión deste fenómeno. Foi así como descubriron a importancia do acolchado na horta, a necesidade de mellorar o rego e aforrar auga etc.

Despois de investigar e profundizar sobre o tema preparouse a exposición das conclusión por parte de varios alumnos na mesa de cambio climático que tivo lugar no peche do III Congreso EDUCODS no que ademáis de nenos e nenas de diversos centros do concello participaron diversos expertos cercanos á comunidade educativa que nos axudaron a buscar solucións e propor alternativas ao noso alcance.




Elaboramos o seguinte vídeo sobre a nosa horta para explicar a todxs xs compañeirxs as características da nosa ecohorta e o que a diferencia da agricultura industrial.



23 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

©2022 por Sementando vida. Creado con Wix.com

bottom of page