Divulgación do aprendido no cole
Durante varias semanas os alumnxs de 1º e 3º foron visitando todas as aulas do cole para transmitirlles aos seus compañeirxs todo o aprendido nos obradoiros coa asesora de hortas escolares. Explicouselles así a todas as clases como foi deseñada a horta para este curso e cómo imos organizarnos para colaborar todos en todas as tarefas que fagamos. Para isto asignáronse zonas de traballo na horta para cada curso.




Comments