CHEGOU O MOMENTO DE SEMENTAR! 3/3/23
- CEIP N1 TUI
- 23 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 4 jul 2023
Entre todxs os cursos do cole fomos visitando a horta para comezar a sementar. Cada grupo seguiu a planificación deseñada pola comisión de expertos nos obradoiros que realizamos con Gemma a nosa asesora da rede de ecohortas.
Na horta circular sementamos; porros, cebolas, cenorias, apio, acelgas, remolacha, diversas variedades de leitugas, chícharos, kale, corazón de boi e lombarda, tomates ( transplantamos os brotes que medraron sós do cultivo do ano pasado). En cada mesa de cultivo puxemos aromáticas coma melisa, ourego, perexil, albahahaca e cilantro e flores coma caléndulas, taxetes, cosmos e capuchina. Queremos enriquecer a nosa horta e atraer moitos insectos!!

Fixemos tamén uns bancais de Estrugas e herbas aromáticas.

Sementamos as plantas que medraron das nosas sementeira e doutras que fomos conseguindo.

Comments